Detido un veciño de Vigo por tráfico de drogas

Agentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, de 42 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar a pasada madrugada, cando unha dotación sorprendeu a dous varóns na rúa Irmandiños mantendo unha conversación e realizando un intercambio.

Ao decatarse da presenza policial, os dous home trataron de fuxir pero foron interceptados polos axentes. Ao realizarlles un cacheo superficial, atoparon un deles unha pequena cantidade de cocaína, mentres que ao outro, lle interviñeron unha cantidade importante de diñeiro, heroína e marihuana.

Por estes feitos, foi detido e trasladado a Comisaría, onde se comprobou que ten 13 antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias foron postas a disposición do xulgado de instrución número 5 de Vigo.

Te puede interesar