A CORUÑA

Detidos tres mozos polo roubo de 90 quilos de cobre

A Guardia Civil de Ferrol detivo tres mozos de entre 21 e 22 anos

Segundo informa o Instituto Armado, axentes da Garda Civil de Ferrol resolveron esta fin de semana un roubo acontecido na antiga planta de rodaballo que a empresa Acuidoro S.L. ten instalada na enseada de Cariño, á entrada da ría ferrolana.

Nun operativo policial levado a cabo hai uns días na peaxe da autoestrada AP-9, á altura de Fene (A Coruña), os gardas interceptaron un turismo ocupado por tres novos veciños de Ferrol e Narón, con idades comprendidas entre os 21 e 22 anos.

No maleteiro do vehículo, segundo concretan as mesmas fontes, levaban 90 quilos de cable de cobre. Todo apunta a que o citado material ía ser vendido nunha chatarrería da Coruña, segundo indicou a Benemérita.

Tras a interceptación do coche, e descubrir o material de cobre, os responsables do operativo practicaron as correspondentes xestións para descubrir a procedencia do cable.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número 1 de Ferrol.

Te puede interesar