VIOLENCIA DE GÉNERO

Pasa a disposición xudicial o marido da muller asasinada en Mos

2015123008540152356
photo_camera La guardia civil investiga el asesinato de una mujer en Mos.

O home acudiu pasadas as 22.30 horas do martes ao Cuartel da Garda Civil de Mos para denunciar que chegara á súa casa e atopara morta a súa muller

O home de 71 anos detido en Mos (Pontevedra) pola Garda Civil pola súa presunta vinculación co asasinato da súa muller --que apareceu na vivenda familiar con varios golpes na cabeza--, pasou a disposición xudicial na mañá deste xoves.

Segundo confirmaron fontes da investigación, Florencio A.C. permaneceu en dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra ata que foi trasladado, a primeira hora deste xoves, a O Porriño, onde será posto a disposición do xulgado de instrución número 2.

O home acudiu pasadas as 22.30 horas do martes ao Cuartel da Garda Civil de Mos para denunciar que chegara á súa casa, na parroquia de Tameiga, e atopara morta a súa muller, Mariña R.B., de 69 anos de idade. Poucas horas despois foi arrestado pola súa suposta vinculación co crime, aínda que o detido negou a súa implicación.

Segundo confirmaron fontes xudiciais, a vítima denunciara o seu marido en 2014 por maltrato físico e psicolóxico pero, tras a toma de declaracións na fase de dilixencias, o procedemento converteuse nun xuízo de faltas por insultos, durante o cal a muller retirou a denuncia.

Os restos mortais de Mariña serán velados no Tanatorio Vigo Memorial e este venres está previsto, ás 16.45 horas, o traslado ata o cemiterio de Tameiga, en Mos, onde terá lugar o enterro.

Te puede interesar