GALICIA

Encierro dos traballadores de Alcoa na Delegación de Gobierno en A Coruña

"O Comité de Empresa denuncia publicamente que o Goberno está a desentenderse das obrigas que adquiriu no proceso do ERE de Alcoa", ​dicen nun comunicado 

O Ministerio de Industria convocou para o martes ao fondo suízo Parter Capital e aos representantes dos gobernos autonómicos de Galicia e Asturias para "coñecer o proxecto industrial" que ofrece a compañía para facerse coas plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña.

Segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, á vista de como avanzan as negociacións entre Parter Capital e Alcoa, o Ministerio realizou a convocatoria, para coñecer o proxecto industrial que ofrece Parter e que xa foi presentado aos comités de empresa o venres.

A reunión terá lugar este martes ás 15,00 horas, na sede do Ministerio de Industria.


Comunicado dos traballadores de Alcoa


"O Comité de Empresa denuncia publicamente que o Goberno está a desentenderse das obrigas que adquiriu no proceso do ERE de Alcoa ao non responsabilizarse e dar as garantías ás que se comprometeu a primeiros de ano na decalarión institucional que firmou conxuntamente coas administracións autonómicas do Principado de Asturias e Xunta de Galicia. 

Os traballadores sentimonos abandonados e traicionados polo Ministerio de Industria, que en estos momentos tan importantes do final do proceso de venta, onde hai que anclar un proxecto industrial co máximo de garantías para manter a actividade da producción do aluminio primario eo seu emprego, a administración central non só non aparece, se non que veta á representación legal dos traballadores (RLT) na reunión da Mesa Estatal de hoxe martes onde si vai estar o posible inversor (Parter) e as administracións autonómicas.

O Ministerio de Industria sabe que Alcoa esta presionando á RLT para que avalen un proyecto industrial, que o propio Ministerio está evitando facer evitando así acometer as garantías e avales comprometidos o 17 de xaneiro na declaración institucional que firmou conxuntamente coas administracións autonómicas para dar solución ao noso conflito"

Te puede interesar