MAD GLUTE FREE

Estrella Galicia será a cervexa oficial da feira MAD Glute Free

Estrella Galicia estará entre os máis de 100 expositores que se darán cita neste encontro e no que despregará un stand para dar a coñecer a Estrella Galicia sen Glute.

Estrella Galicia sen Glute será a cervexa oficial de MAD Glute Free, "a feira máis importante do país para as persoas intolerantes ao glute que durante uns días aglutinará empresas, profesionais da cociña, médicos, expertos e celiacos en torno a novas ideas e propostas para este colectivo", segundo informa a compañía.

Máis de 100 expositores nacionais e internacionais daranse cita neste encontro que terá lugar dende o 5 ao 7 de marzo, no Pavillón de Cristal da Casa de Campo de Madrid.

Hijos de Rivera despregarán un stand na feira co obxectivo de dar a coñecer Estrella Galicia sen Glute, unha cervexa que leva menos dun ano no mercado e que conta co selo da 'Espiga barrada', un distintivo que acredita o produto como Apto para Celíacos pola Federación de Asociacións de Celíacos de España.

Ademais, o 5 de marzo, Estrella Galicia sen Glute presentará unha actividade no Forum showcooking a cargo de Manuel Costiña, cociñeiro galego cunha estrela Michelín do restaurante O Retiro da Costiña, que dará a coñecer a súa proposta gastronómica sen glute.

Te puede interesar