ACCIDENTE MORTAL

Falece o condutor dun camión que chocou contra un turismo e caeu por un desnivel en Monforte

636499140809584773w_result
photo_camera Varias persoas observan o estado no que quedou que quedou o camión sinistrado en Monforte de Lemos (Lugo).

O conductor do turismo foi trasladado polo 061 a un centro hospitalario en estado moi grave

 

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 13,30 horas na N-120 en dirección a Piñeira, nas proximidades de Monforte, cando un camión chocou contra un turismo e, posteriormente, caeu por un terraplén duns cinco metros.

Até a zona desprazáronse varias dotacións de Bombeiros para tratar de liberar ao camioneiro, dado que o trailer quedou boca abaixo, coa cabina "totalmente esmagada" e non era posible acceder a el. Tamén foi necesario liberar ao condutor do turismo.

Ademais, foron mobilizados efectivos da Garda Civil para xestionar o tráfico, e de Protección Civil. O condutor do turismo foi trasladado polo 061 a un centro hospitalario en estado grave.

Te puede interesar