Falece Xosé Manuel Seivane, un dos grandes artesáns da gaita

O patriarca da familia Seivane, Xosé Manuel Seivane Rivas, un dos grandes artesáns galegos da gaita e avó da gaiteira Susana Seivane, faleceu esta mañá aos 90 anos.
Nado en Fonmiñá-A Pastoriza (Lugo) en 1921, Xosé Manuel Seivane foi o impulsor dunha das sagas de artesáns recoñecidas dentro do mundo da gaita.

A tradición artística dos Seivane continúa coa súa neta, a gaiteira Susana Seivane.

O cadáver de Xosé Manuel Seivane foi trasladado ao tanatorio da avenida de Almeiras en Culleredo, confirmáronlle á Efe fontes do contorno familiar.

O enterro terá lugar o vindeiro domingo na parroquia de Ribeira de Piquín, en Lugo.

Te puede interesar