Os falecidos en accidente de tráfico subiron en 2013 na provincia da Coruña, con 46 sinistros mortais

A Comisión Provincial de Seguridade Vial aborda medidas para reducir a sinestralidade viaria

Os falecidos por accidente de tráfico na provincia da Coruña aumentaron en 2013, "en boa medida" polo incremento de sinistros múltiples, segundo informou a subdelegación del Gobierno en Galicia tras a reunión da Comisión Provincial de Seguridade Vial.

O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiu este martes a reunión da Comisión onde se efectuou unha análise das cifras sinestralidade viaria na provincia durante o ano 2013.

Esta Comisión reúne representantes dos principais organismos da provincia relacionados coa seguridade das vías. Á reunión asistiron o xefe provincial de Tráfico, Victoria Gómez; a delegada territorial da Xunta, Belén Docampo; así como representantes da Garda Civil e da Demarcación de Estradas de Galicia, entre outros.

CASE 50 ACCIDENTES MORTAIS

O ano pasado, rexistráronse 46 accidentes mortais na Coruña, o que supón 6 máis que no ano anterior. Estes sinistros saldáronse con 56 vítimas, 14 máis con respecto a ano 2012.

"Destas cifras extráese unha maior incidencia dos accidentes múltiples, que están detrás en boa medida, da taxa crecente do número de falecidos do ano pasado", indica a subdelegación do Goberno.

Mentres, en 2013 descenderon á metade os falecidos en accidente de motocicleta (3 falecidos en 2013 fronte aos 6 falecidos nesta tipoloxía no ano anterior).

No que se refire á idade dos falecidos, os datos na provincia revelan que a maior porcentaxe de falecidos se produce na franxa de idade de máis de 65 anos (un 41%).

En canto á tipoloxía dos accidentes mortais, o 90% dos producidos nas vías da provincia en 2013 tiveron lugar en estradas convencionais.

Os atropelos a peóns en estrada supoñen, por outra parte, o 16% da accidentalidade mortal. Velocidade inadecuada, manobras antirreglamentarias e distraccións foron as causas principais destes sinistros mortais.

Te puede interesar