La Región

GALICIA

Falece o empresario Jorge Dorribo, condeado pola "Campeón"

Morreu mor dun infarto durante unha viaxe a Barcelona, según publica o diario El Progreso

Falece o empresario Jorge Dorribo, condeado pola "Campeón"

O empresario lucense Jorge Dorribo, fundador de Laboratorios Nupel e que fora condenado pola `Operación Campión`, faleceu este xoves aos 54 anos por mor dun infarto durante unha viaxe a Barcelona, segundo publica o diario El Progreso.

Foi un dos principais procesados desta trama de corrupción, pola que foi condenado en 2017 a catro anos e cinco meses de cárcere --onde non chegou a ingresar debido a que pasou catro anos en prisión preventiva e non tiña antecedentes-- tras un acordo con Fiscalía e a abonar unha multa de 6,2 millóns de euros por delitos contra a Facenda Pública, falsidade en documentación mercantil, branqueo de capitais e insolvencia punible.

Ademais de Dorribo, a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo condenou a unha decena de persoas, entre as que se atopan un socio seu en Nupel e o exdeputado popular no Parlamento autonómico Pablo Cobián.

A trama supuxo tamén a investigación de altos cargos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da Xunta e mesmo salpicou ao exministro socialista José Blanco, aínda que finalmente o Tribunal Supremo arquivou a causa.