SUCESO

Ferida de gravidade unha muller tras ser acoitelada en Vigo

A muller, que ingresou en estado grave,tivo que ser intervida cirurxicamente.

Unha muller ingresou na mañá deste domingo no Hospital Povisa de Vigo en estado grave, tras ser acoitelada no colo, según fontes sanitarias.

Aínda que polo momento se descoñecen as causas que rodean este suceso, fontes consultadas non descartan que poida tratarse dun suposto delito de violencia de xénero.

A muller, que ingresou en estado grave, foi intervida cirurxicamente na mañá deste domingo. Así, as mesmas fontes sanitarias precisaron que, nestes momentos, se atopa estable, xa que a ferida non afecta a ningún órgano vital.

Te puede interesar