Feridos dous homes e un menor en tres accidentes en Santa Comba, Oroso (A Coruña) e Vigo

Dous homes de 45 e 51 anos de idade e un menor resultaron feridos en tres accidentes de tráfico rexistrados nos municipios coruñeses de Oroso e Santa Comba e no pontevedrés de Vigo.
O primeiro dos sinistros tivo lugar sobre as 4.10 horas na parroquia de Santa María de Alón, no municipio coruñés de Santa Comba, no que un coche resultou accidentado e rematou nunha leira, segundo informou o 112 a Europa Press.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial para asistir a un home de 51 anos ferido, M.B.G., que foi levado primeiro ao PAC de Santa Comba e posteriormente trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, informaron fontes sanitarias.

Sobre as 5.35 horas outro home resultou ferido ao envorcar o coche no que viaxaba na parroquia de Deixebre, no municipio de Oroso (A Coruña).

Unha ambulancia asistencial do 061 levou ao ferido, F.R.C., de 45 anos, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para recibir asistencia.

Ademais, sobre as 8.20 horas rexistrouse unha saída de vía na estrada vella de Madrid, a un quilómetro da rotonda do Meixoeiro, en Vigo, na que resultou ferida un menor, que foi evacuado nunha ambulancia asistencial ao Hospital Xeral.

Por outra banda, sobre as 8.35 horas aconteceu unha colisión con tres vehículos implicados na rotonda da Barca, cara ao municipio pontevedrés de Poio, na que non houbo feridos, segundo indicou o 112.

Te puede interesar