CULTURA

Galeguismo no adeus a Zulueta

O cadaleito de Zulueta de Haz foi levado nos ombreiros dos seus colaboradores nos distintos ámbitos ata o interior do panteón familiar.
photo_camera O cadaleito de Zulueta de Haz foi levado nos ombreiros dos seus colaboradores nos distintos ámbitos ata o interior do panteón familiar.

A xeración Galaxia perdeu o seu último representante, quen foi inhumado onte en Pereiró, coa presenza do presidente da Real Academia da Lingua, Víctor Freixanes e o do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares

O galeguismo e o compromiso co país sentíuse onte na atmósfera de Pereiró. Deuse sepultura a Alfonso Zulueta de Haz, presidente de honra da Fundación Penzol, quen colaborou activamente noutras iniciativas relacionadas coa defensa da lingua e da cultura: Fundación Isla Couto, Otero Pedrayo ou incluso a presidencia do Consello da Cultura Galega. Foi o último da xeración Galaxia.  Os oficios relixiosos foron en galego, como non podía ser menos para quen contribuíu dende a editorial Sept á tradución da biblia á lingua do país dende os seus idiomas orixinais. O amor pola terra quedou de manifesto unha vez máis coa colocación da bandeira galega sobre cadaleito.

Abel Caballero, con Freixanes e os concelleiros Cayetano Rodríguez e  Manel Fernández, no velatorio.

Abel Caballero, con Freixanes e os concelleiros Cayetano Rodríguez e  Manel Fernández, no velatorio. 

Á saída do tanatorio de Emorvisa, tras agardar a que parase o chaparrón de verán, o coche fúnebre percorreu a rúa central do ceminterio ata altura da capela. Alí parou para que representantes das asociacións ás entregou a súa vida lle renderan a última homenaxe levando ao ombreiro a caixa: Víctor Freixanes, presidente da Real Academia da Lingua e anterior director de Galaxia; Manuel Puga e Antón Vidal, presidente e vicepresidente de Galaxia; así como Francisco Domínguez, presidente da Fundación Penzol. Pero a dimensión de Zulueta de Haz superaba o da Cultura. “Pode que o seu labor con Sálvora ou coa Fundación Juan XXIII a favor das persoas con discapacidade fora o máis importante”, comentou en ‘petit comité’ Freixanes.

Notario, galeguista e benefactor, Zulueta de Haz descansa no panteón da familia Eugenio Cabaleiro Alonso, a da súa muller, Teresa Cabaleiro. Coa entonación do Himno, os presentes , entre os que estaban Francisco Castro ou o pintor Barreiro, déronlle o derradeiro adeus.n

Te puede interesar