Galicia importará a experiencia de Castela e León en aprendizaxe

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo onte un encontro co seu homónimo da Junta de Castela e León, Juan José Mateos Otero, co obxectivo de impulsar a cooperación e transferir as boas prácticas no sistema educativo, entre as institucións de ambas comunidades autónomas.
Ao longo do encontro analizáronse as medidas que, en materia de potenciación de linguas estranxeiras, se teñen adoptado en ambas comunidades. Ademais, deuse conta das iniciativas levadas a cabo por Castela e León para a mellora das competencias dos estudantes que presentan dificultades na aprendizaxe.

Ditas medidas foron analizadas polos responsables de Educación da Xunta, co fin de adaptar e aplicar as mesmas en Galicia co obxectivo de mellorar os resultados dos estudantes galegos.

Te puede interesar