Galiza Nova pide a Feijóo 'escoitar o clamor' das universidades contra a suba de taxas e chama á folga do 10

A secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, demandou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que 'escoite o clamor' das universidades galegas contra os 'recortes' do ensino e a suba de taxas, e chamou a secundar a folga convocada para o día 10 de maio.
Aboi presentou este mércores os actos que levará a cabo Galiza Nova en apoio á folga estudantil do día 10, que terá lugar baixo o lema 'O ensino é un dereito, non un privilexio. Non aos recortes do PP', tal e como recolle nun comunicado.

A responsable dos mozos do BNG asegurou que o 'Goberno de Rajoy está a mostrar un desprezo absoluto polo ensino público, cuns recortes inxustos, inxustificados e inútiles e que castigarán aínda máis a xuventude galega'.

'O obxectivo do PP é claro: beneficiar ao ensino privado e que só as elites poidan acceder á formación superior', denunciou Aboi, quen advertiu, neste sentido, que 'o obxectivo do PP é claro: mercadear coa educación pública e beneficiar o ensino privado, aproveitando un contexto de durísima crise económica'.

Ademais, denunciou que o acceso á formación superior 'en vez de ser un dereito, se converterá nun privilexio para unha elite que o poida pagar, mentres condena o resto a ser man de obra barata'.

Por outro lado, valorou a postura contraria ás subida de taxas manifestada polas tres universidades. 'Sería positivo que Feijóo tomase nota destes posicionamentos e anunciase o seu rexeitamento a aplicar recortes en Galicia, e presentase un recurso de inconstitucionalidade por invasión de competencias', considerou.

Te puede interesar