A pregunta ós proxenitores non será vinculante pero si será importante na decisión dos centros

O idioma en Infantil contará coa opinión de pais e entorno

Valentín García, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. (Foto: XOÁN CRESPO)
Os centros educativos serán os encargados de fixar o idioma predominante dos grupos de educación infantil en función do resultado da pregunta 'non vinculante' aos pais, o ámbito sociolingüístico e a garantía de equilibrio de ensino e adquisición de coñecementos en galego e castelán. Esta decisión plasmarase nunha addenda anual ao proxecto lingüístico de cada centro.
Así explicouno en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, na que informou sobre unha instrución enviada aos centros para adaptar o decreto 79/2010, do plurilingüismo no ensino, ás sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anularon parte de dous artigos da citada norma.

Deste modo, o responsable lingüístico explicou que a pregunta ás familias, que se realiza cada ano no momento en que os nenos comecen o seu primeiro ensino no sistema educativo, será 'non vinculante' aínda que 'si importante', dado que o coñecemento da lingua materna dos alumnos por parte dos centros é un mandato obrigado pola Lei de Normalización Lingüística.

A decisión resolverase en función doutros factores, como a realidade sociolingüística na que se sitúa o propio centro e a necesidade de garantir unha presenza equilibrada das dúas linguas cooficiais de Galicia como vehiculares do sistema educativo, ademais de permitir unha adquisición equivalente en ambos os dous idiomas. O proceso para fixar o idioma iníciase, en primeira instancia, dende o equipo directivo do centro que a plasmará no seu plan lingüístico, ao que engadirán unha addenda anual onde reflectirán o idioma de cada grupo en infantil. Este proxecto terá que ser aprobado polo Claustro e o conselo escolar do propio centro.

Finalmente, esta addenda remitirase á Inspección Educativa, quen será o encargado de verificar que o proceso se realizou dun xeito correcto.

Te puede interesar