Imputado o concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela

O concelleiro responsable da área de Deportes do Concello de Santiago, Adrián Varela, foi imputado no no marco das investigacións da 'Operación Pokemon'.
Segundo confirmaron fontes municipais, o edil terá que declarar o próximo día 17 de xuño ante a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara.

Axentes do servizo de Alfándegas acudiron este venres ás dependencias de Contratación do Concello de Santiago para levar documentación vinculada con contratos da Concellaría de Deportes, que dirixe Adrián Varela, con Sermasa, unha das principais empresas implicadas na investigación que instrúe a xuíza Pilar de Lara.


Te puede interesar