Imputan a un home por condución temeraria tras atropelar dúas mulleres en Oia, que resultaron feridas de gravidade

Axentes da Garda Civil imputaron a un home duns 23 anos, que responde ás siglas D.Q.P., como suposto autor dun delito contra a seguridade vial por condución temeraria, tras atropelar dúas mulleres nunha quedada automobilística celebrada esta madrugada no municipio de Oia.
Os feitos producíronse ás 02.00 horas desta madrugada na estrada EP-3202, da parroquia de Torroña. Varias unidades do subsector de Tráfico patrullaban a zona alertados pola convocatoria dunha 'quedada' a través de Internet nese punto, onde a próxima fin de semana se celebrará a proba automobilística 'Suba a Oia'.

A pesar de que a súa intervención pretendía asegurar a zona e persuadir os posibles asistentes de calquera actuación temeraria ao volante, un turismo Renault Clio saíase da vía pola marxe dereita xusta á chegada os axentes, impactando contra outro vehículo, un Xsara Picasso que estaba estacionado.

Dúas mulleres que estaban apoiadas sobre o segundo coche resultaron atropeladas e tiveron que ser evacuadas polo 061 ao hospital vigués de O Meixoeiro, con feridas de gravidade. A Garda Civil viu o vehículo do imputado, cando o seu único ocupante conducía de forma temeraria e se acabou saíndo da vía.

Te puede interesar