Incautan máis de 3.000 paquetes de tabaco na Lavacolla

A Garda civil incautou 3.280 paquetes de tabaco louro no aeroporto da Lavacolla, en Santiago, segundo informou o Ministerio do Interior.

Os paquetes, que carecían dos precintos regulamentarios, foron atopados no pasado luns e están valoradas nuns 12.000 euros.

O tabaco estaba na equipaxe de cinco pasaxeiros estranxeiros, que viñan nun voo desde Tenerife, e foi incautado por unha suposta infracción administrativa de contrabando.

Actualmente os paquetes están a disposición das autoridades.

Te puede interesar