Ingresa en prisión o veciño de Vilagarcía (Pontevedra) acusado de intentar agredir sexualmente a súa filla

O veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) que o pasado domingo foi detido por intentar abusar sexualmente da súa filla, de 29 anos de idade, foi enviado a prisión tras incumprir a orde de afastamento que lle impuxo o xuíz.
Foi a propia filla do presunto agresor a que denunciou na Comisaría de Policía que o seu pai, L.B.B., regresara ao domicilio familiar, incumprindo a orde xudicial que lle fora imposta.

Tras recibir a denuncia, os axentes policiais compareceron na vivenda do L.B.B., que foi de novo detido. Tras comparecer, nesta ocasión ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número 2, decretouse o seu ingreso en prisión por incumprir a orde de afastamento que lle fora decretada poucas horas antes.

Segundo as investigacións policiais, Luis B.B., veciño de Carril, chegou o sábado pola noite á súa casa bebido e intentou abusar da súa filla de 29 anos. A moza, segundo figura na denuncia, estaba na súa cama cando o pai entrou no seu cuarto e se botou sobre ela coa intención de agredila sexualmente.

A vítima conseguiu zafarse do seu agresor e chamar á Comisaría de Policía de Vilagarcía, que enviou unha patrulla que, unha vez no domicilio, procedeu á detención do presunto agresor.

Te puede interesar