Os ingresos da TVG por publicidade medran un 60%

O director xeral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, constatou onte que os ingresos publicitarios do ente creceron 'por enriba do 60%' no primeiro cuatrimestre de 2010, coincidindo coa supresión dos anuncios por parte de Televisión Española (TVE), dende o 1 de xaneiro.
En resposta ao deputado popular Agustín Baamonde, na Comisión Permanente non Lexislativa da CRTVG, Sánchez Izquierdo destacou que a porcentaxe de facturación de publicidade de TVE se desprazou 'en varias direccións', tanto a internet como a outras televisións, entre elas a TVG.

Te puede interesar