Os 'Irmandiños' de Beiras falarán en xaneiro da relación co BNG

A Coordinadora do Encontro Irmandiño decidiu fixar a primeira xornada da III Asemblea Nacional para o próximo 15 de xaneiro, despois de valorar o diálogo aberto coa cidadanía no proceso asambleario comarcal e nas 'concurridísimas' conferencias-coloquio de Xosé Manuel Beiras.
Segundo informou a corrente liderada por Beiras, os asuntos que se abordarán van dende a constitución legal do Encontro Irmandiño como organización política 'plena', coa conseguinte posta ao día dos principios organizativos e estatutos, ata a definición da súa relación co BNG.

Non obstante, o tema central desta III Asemblea Nacional pasará por debater e acordar sobre a 'alternativa política' con especial atención a 'defender o país do PP' e á oposición 'ao ultraliberalismo' en España, Europa e no mundo, engadiu.

'Lograr un sistema económico ambientalmente sostible que faga realidade o dereito a vivir e producir na nosa terra, unhas institucións galegas dignas de tal nome, unha sociedade solidaria interna e externamente e unha cultura republicana e laica serán a guía do encontro', concluíu.

A nálise da relación dos Irmandiños co BNG é unha cuestión latente entre moitos dos seus integrantes, que ao igual que ocurre con Máis Galiza, entenden que o nacionalismo debe mudar hacia posturas máis abertas, en contra do que propugna a UPG. De feito, nas listas para as vindeiras eleccións municipais, a ala máis dura do BNG enfrontouse cos outros sectores, sen dar entrada ós membros das candidaturas que resultaron perdidas nas asambleas locais.

A pasada fin de semán, tamén o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich propugnaba un 'punto de encontro' dentro do nacionalismo.

Te puede interesar