Jorquera alerta do 'erro' de abandonar o BNG e cualifica de 'importante e necesaria' a achega de Máis Galiza

Foto: Archivo
Sostén que 'se equivocan os que apostan por crear un proxecto fóra' e pide respectar os resultados da asemblea
O voceiro do BNG no Congreso e candidato á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, cualificou de 'importante, valiosa e necesaria' a achega da corrente Máis Galiza á fronte nacionalista e alertou do 'erro' de abandonar a formación e 'facerlle caso aos ánimos que dá o PP' neste sentido.

A preguntas dos xornalistas sobre a asemblea que o próximo 11 de marzo celebrará Máis Galiza para decidir se continúa no Bloque ou, como Encontro Irmandiño, decide abandonar a fronte, Jorquera sinalou que a corrente liderada por Carlos Aymerich 'ten moito que contribuír á mellora do proxecto do BNG e a enriquecelo'.

'O BNG é unha organización plural e diversa e só se pode entender dende o respecto a esa pluralidade e diversidade', subliñou, mentres que alertou de que 'se equivocan os que apostan por crear un proxecto fóra' do Bloque.

Así mesmo, apelou a 'respectar os resultados adoptados libremente pola militancia' na XIII Asemblea nacionalista do pasado mes de xaneiro, na cal a UPG retivo o control do aparato do BNG, aínda que por unha estreita marxe respecto á candidatura conxunta que presentaron o Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras e Máis Galiza.

NON O FACER CASO AO PP

Na súa opinión, nesa asemblea demostrouse 'a vitalidade democrática extraordinaria' do BNG, cun proceso 'exemplar e transparente', así como 'profundamente democrático e participativo'. Fronte a iso situou os 'evidentes síntomas' de que o proxecto de Alberto Núñez Feijóo está 'absolutamente esgotado'.

Por iso, indicou que o PP está interesado en 'debilitar ao BNG' e puxo como exemplo declaracións realizadas por dirixentes 'populares' como o secretario xeral, Alfonso Rueda, ou o presidente en Lugo, José Manuel Barreiro, no sentido de animar a militantes nacionalistas a tomas decisións valentes.

'Animaban a deixar o BNG', concluíu Jorquera, quen fronte a iso, expresou o seu desexo de que 'sexa moi poucos os compañeiros que cometan o erro de facelo caso aos ánimos que lles dá o PP'. Neste sentido enmarcou as súas declaracións coa 'convicción plena e absoluta' de que Máis Galiza supón unha 'necesaria' achega ao Bloque.

Te puede interesar