Levan ao Valedor unha queixa contra Benestar por 'aplicar distintos criterios' en centros de minusválidos da Coruña

Foto: EUROPA PRESS
Unha representación do Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo na que denuncia a aplicación de distintos criterios para a admisión de persoas con minusvalidez en centros dependentes da Xunta na mesma provincia.
Concretamente, os sindicatos refírense á situación do Centro de Atención a Discapacidade (CAD) 'Souto de Leixa' de Ferrol, que xestiona unha empresa privada, na a permite a admisión de persoas co único requisito de que sexan maiores de 16 anos.

Non obstante, esta barreira non é a que se emprega no CAD da Coruña, xestionado pola Administración autonómica, no que só se admiten a persoas maiores de 23 anos e cun grao de minusvalidez psíquica de máis do 75 por cento (incluído).

Por iso, o Comité denuncia que o departamento autonómico aplica criterios de admisión diferentes entre dous centros similares entre si, unha situación que para o presidente do Comité, Xosé Manuel López Viqueira, implica unha 'discriminación', tal e como declarou aos medios este xoves na presentación desta queixa.

Así, segundo explicou, 'unha persoa menor de 23 anos na bisbarra de A Coruña non podería ir ao centro máis próximo ao seu domicilio', mentres que 'en Ferrol non se vería excluído do servizo'.

QUE SE APLIQUE O MESMO CRITERIO

Viqueira reclama que o centro coruñés conte co mesmo criterio de admisión que o ferrolano, é dicir, que 'admita persoas con minusvalidez que sexan maiores de 16 anos' -o criterio máis amplo recollido no Estatuto básico dos centros de servizos sociais de Galicia- 'sen outro tipo de limitación'.

Así mesmo, puntualizou que, 'malia que a queixa se refire a un centro en concreto', o Comité a inscribe 'dentro da loita contra a privatización dos servizos públicos na Xunta'.

Te puede interesar