Lola Portabales, afectada por un desafiuzamento: 'Quero pagar e quedar coa casa'

Lola Potarbales, membro de Stop Desafiuzamentos Compostela, aproveitou a concentración que realizou esta plataforma na paza de Galicia, á que asistiron corenta persoas, para denunciar o seu caso: casada e cunha nena de 12 anos enfróntase a un despexo por non poder aboar a hipoteca.
'Quero pagar e quedar coa casa', e pediu que lle ofrezan unha solución para conservar o seu 'lar' situado no Milladoiro (A Coruña), aínda que sexa racionar o pagamento dunha maneira en que poidan facer fronte á letra, porque 'o que queremos é iso, pagar'.

Desde que soubo da noticia, a súa saúde resentiuse. Pasou por dúas hernias, viuse obrigada a deixar o traballo, padeceu un cancro de mama e someteuse a tres intervencións médicas: 'Contéillelo a todos, á directora da sucursal, mesmo lle mostrei a cicatriz... E que recibín? Boas palabras, a ver se miramos algo, e así até hoxe'.

Para ela foi positivo unirse a este movemento, 'porque me fan máis caso', malia que isto só se perciba de maneira oral, 'porque por escrito nada'.

Ao ser consultada por unha data de abandono do seu domicilio, indicou que no seu caso solicitou xustiza gratuíta, 'e isto dáme uns mesiños máis para continuar respirando'.

'A esperanza non a vou perder', conta, 'eu xa dixen que non me vou suicidar, porque teño unha nena e non o podo facer'.

A mobilización serviu para denunciar publicamente as 'prácticas de desgaste, menosprezo, abandono e bloqueo'.

Te puede interesar