AXUDA SOCIAL

Máis dun millón de euros para empregar ás persoas con minusvalía

Traballo destinará 1,09 millóns de euros á ampliación das unidades de apoio á actividade profesional destas persoas

A Consellería de Traballo e Benestar destinará máis de 1 millón de euros para a integración das persoas con minusvalidez nos centros especiais de emprego existentes en Galicia.

A través da orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Consellería de Traballo destinará 1,09 millóns de euros á ampliación das unidades de apoio á actividade profesional de persoas con minusvalidez, así como á creación de postos fixos de traballo nos 114 centros especiais de emprego en Galicia.

Ao enmarcarse dentro do programa para a promoción da integración laboral das persoas con minusvalidez en centros especiais de emprego, a Xunta destaca que a este presuposto se suman outros 7,5 millóns de euros, que se destinan ao "custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con minusvalidez".

Neste sentido, sostén que "ten por finalidade promover a integración laboral destas persoas", que dan traballo a case unhas 2.000.

Así, este presuposto de máis de 1 millón de euros destinarase a postos de traballo fixo para estas persoas en centros especiais de emprego e á ampliación das subvencións a unidades de apoio á actividade profesional.

OBXECTIVOS

En primeiro lugar, a Consellería pretende "fomentar a creación de novs centros especiais de emprego, así como a ampliación e o mantemento do emprego nos que xa existen". Para iso, financiará parcialmente iniciativas viables que xeren emprego, preferiblemente estable, para traballadores con minusvalidez.

Ademais, a Xunta subvencionará parcialmente o custo dos profesionais das "unidades de apoio á actividade profesional" para promover a inserción de persoas minusválidas.

No que vai de ano, o Goberno reivindica que aumentou nun 2% o presuposto destinado á creación de traballo destas persoas.

Te puede interesar