Máis Galiza poderá ter como partido, dentro ou fóra do BNG, ata o 25% de simpatizantes nos seus órganos de dirección

Foto: EUROPA PRESS
Garantirá a participación e control das bases coa figura do referendo, que se poderá convocar polo 20% da militancia
A corrente Máis Galiza vive esta semana os días clave que culminarán o próximo domingo coa súa constitución como partido político nun congreso, que se celebrará en Santiago de Compostela, marcado pola división entre os partidarios de quedar na formación nacionalista, como o actual líder desta sensibilidade, Carlos Aymerich, xunto con alcaldes ou militantes de base; e os contrarios a seguir na fronte, entre os que se atopan uns 30 integrantes do actual consello Político, como Xoán Bascuas, María Méndez ou o líder das Mocidade Nacionalista Galega, Paulo Carlos López.

O documento que recolle as bases estatutarias de Máis Galiza, solicitado por Europa Press, inclúe a figura do 'simpatizante' para todas aquelas que o desexen 'mesmo afiliados a outras organizacións políticas e partidarias', que terán dereito a participar 'con voz nas asembleas e nos órganos de dirección nacionais, provinciais e locais dos que formen parte'. Con todo 'ningún órgano de dirección poderá contar cun número de simpatizantes superior ao 25 por cento do número total de persoas que configuren tal órgano' sinala este documento.

Esta figura do simpatizante aparece especificada tamén para o suposto de que o congreso acorde a permanencia na fronte, de forma que para aquelas persoas que decidan voluntariamente abandonala, se permite que 'poidan permanecer en +Galiza en calidade de simpatizantes'.

No documento defínese que serán membros simpatizantes aquelas persoas que 'sen militar expresamente en +Galiza, simpaticen con esta corrente, cos seus principios e obxectivos e manifesten a súa aceptación a incorporarse a unha base de datos na que figuren aquelas persoas que ostenten esa condición'.

Os simpatizantes 'terán dereito a asistir a cantos actos, reunións e asembleas, non restrinxidos, organice +Galiza, podendo expresar a súa opinión ao respecto dos temas a tratar, aínda que sen dereito a voto'.

R

Te puede interesar