É unha visita da maior importancia, que veña a alcaldesa da capital de España, e recibirémola con todas as honras, e é unha satisfacción que veña a Vigo", afirmou Caballero.
A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, estará este venres en visita oficial no Concello de Vigo, convidada polo rexedor olívico e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero.
Segundo confirmou o propio alcalde, despois de facer el unha visita ao consistorio madrileño hai unhas semanas, quixo corresponder a Carmena cunha invitación para coñecer o Concello e a cidade de Vigo.
"Imos falar de temas da FEMP, de financiamento, de municipalismo e de cuestións comúns. É unha visita da maior importancia, que veña a alcaldesa da capital de España, e recibirémola con todas as honras, e é unha satisfacción que veña a Vigo", afirmou Caballero.