GALICIA

A marca FEST Galicia estréase en PortAmérica

<p></p>

Esta nova marca, que bota a andar tras meses de traballo xunto ao sector dos festivais de música, está impulsada pola Consellería de Cultura, a través da Agadic

O festival PortAmérica abre o calendario de accións da primeira temporada de FEST Galicia, a marca da Xunta que busca promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social. Arranca así este novo programa de apoio, que desenvolverá nos 10 festivais galegos adheridos, unha serie de actividades de divulgación, sensibilización e medición do impacto que o retorno destes eventos produza, coordinadas entre diferentes departamentos do Goberno autonómico, como Cultura, Política Lingüística, Medio Ambiente, Igualdade e Xuventude.

No caso de PortAmérica, estas iniciativas estanse a desenvolver xa por todo o recinto, co stand da marca como epicentro, onde o equipo de FEST Galicia recibiu na tarde de onte a visita do Conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.

Esta nova marca, que bota a andar tras meses de traballo xunto ao sector dos festivais de música, está impulsada pola Consellería de Cultura, a través da Agadic, como un proxecto transversal da Xunta cos 10 eventos asociados na primeira convocatoria: ademais de PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival. O obxectivo é sumar estratexias que reforcen o apoio que xa se lle está brindando a este tipo de encontros mediante a convocatoria anual de subvencións, dotadas con 280.000 euros en 2018.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con FEST Galicia a través da campaña "O galego crea ambiente", creada especificamente para promover entre o público destes festivais o valor da lingua galega como parte do noso patrimonio, xunto coa cultura e o medio ambiente. Por iso, transmite esta dobre mensaxe, convidando a mocidade a relacionarse de xeito responsable co medio e a facelo en galego. En PortAmérica, púxose en marcha onte a primeira das accións coas que a Xunta busca a participación da xente nova no proceso de elaboración do que será o primeiro plan de dinamización da lingua galega na mocidade nos stands de sete dos FEST Galicia.n

Te puede interesar