A Mesa di que non cumprir o decreto 'é obedecer leis superiores'

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou que ensinar en galego 'non é un delito' e cre que desobedecer o novo decreto sobre a lingua significa 'obedecer leis superiores que falan da promoción do ensino en galego como é o propio Estatuto de autonomía ou a Lei de normalización lingüística'. 'Desobedecer ese decreto é obedecer o corpo legal do que nos dotamos nos últimos 30 anos', insistiu, e asegurou que no caso de que a Administración se atreva a expedientar un profesor por dar as clases nesta lingua 'os tribunais de Xustiza caerían de forma inmediata' sobre esa sanción. Callón dixo
'Desobedecer ese decreto é obedecer o corpo legal do que nos dotamos nos últimos 30 anos', insistiu, e asegurou que no caso de que a Administración se atreva a expedientar un profesor por dar as clases nesta lingua 'os tribunais de Xustiza caerían de forma inmediata' sobre esa sanción. Callón dixo que o Goberno de Galicia e o seu presidente están infrinxindo 'ataques furibundos' contra o galego cun ataque sen precedentes nos 30 anos de democracia'.

Te puede interesar