GALICIA

Morre un traballador mentres traballaba en Navantia Fene

A vítima traballaba na división de reparacións da firma para unha empresa subcontratada.

Un traballador dunha empresa auxiliar da empresa Navantia en Fene faleceu hoxe ao caer nun tanque de fuel dun barco, desde unha altura duns cinco ou seis metros, no dique número dous do estaleiro situado ao bordo da ría de Ferrol, informaron a Efe fontes do sector.

A vítima traballaba na división de reparacións da firma para unha empresa subcontratada.

Os empregados de Navantia Fene, segundo comunicou o comité de empresa, paralizaron a súa actividade ao coñecer o sucedido, unha decisión que alongarán durante toda a xornada de hoxe e mañá en sinal de loito

Te puede interesar