Un muller ferida grave é trasladada en helicóptero ao Clínico de Santiago tras un accidente de tráfico en Val do Dubra

Unha muller sufriu feridas graves nunha perna nun accidente de tráfico rexistrado na localidade coruñesa de Val do Dubra, polo que o helicóptero do 112 con base en Santiago a trasladou ao Hospital Clínico, informan fontes do 112.
O sinistro, que consistiu nunha saída de vía na estrada que conecta os municipios de Carballo e Val do Dubra -a cinco quilómetros deste último-, produciuse en torno ás 15.20 horas, cando un particular avisou ao 112.

A condutora quedou atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesario a intervención dun equipo de excarceración dos bombeiros de Santa Comba. Tamén acudiron ao lugar efectivos de urxencias médicas, a Garda Civil de Tráfico e o helicóptero do servizo de emerxencias, que se encargou da evacuación.

Tamén este mércores, en Monterroso (Lugo), outra persoa foi excarcerada por un equipo dos bombeiros de Chantada despois de sufrir outra saída de vía e envorcar o vehículo no que circulaba.

Os feitos producíronse sobre as 17.30 horas e foron mobilizados os bombeiros, urxencias médicas, a Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Grumir de Monterroso.

Te puede interesar