Un novo accidente no corredor do Morrazo provoca dous feridos

O corredor do Morrazo rexistrou nesta mañá dous accidentes, no segundo dos cales resultaron feridas dúas persoas despois de saír da vía o vehículo en que viaxaban.

Nun intervalo de apenas tres horas e media o corredor do Morrazo foi escenario de dous sinistros, o primeiro ás 7.35 por unha colisión á altura de Moaña en que estiveron implicados tres vehículos e resultaron feridas outras tantas persoas.

O segundo aconteceu ás 11.00 ao paso da mesma vía polo municipio de Cangas, onde dúas persoas resultaron feridas despois dunha saída de vía do coche en que viaxaban e foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencias.

Ademais do 061 foron mobilizados neste segundo accidente a Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Cangas e persoal de limpeza e mantemento de estradas da Xunta para retirar os restos do accidente que ficaron dispersos na vía.

Te puede interesar