O Parlamento pide que a ponte internacional de Tui sexa declarada BIC

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade pedir a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da ponte internacional de Tui, polo seu valor histórico, social, artístico, científico e técnico.

A iniciativa foi proposta pola deputada popular Marta Valcárcel, quen indicou que a construción da ponte, proxectada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo, permitiu conectar as liñas ferroviarias galegas coas do norte de Portugal 'o que contribuíu de maneira decisiva ao desenvolvemento económico das poboacións e a aumentar o comercio'.

A ponte de Tui, que atravesa o río Miño, foi inaugurada no día 25 de marzo de 1886 e ten unha antigüidade de 125 anos, polo que Varcárcel considerou indispensábel a necesidade de especial protección, debido ao seu 'gran valor histórico e polo que supuxo nas relacións bilaterais, económicas, culturais, comerciais e humanas entre as dúas marxes do río'.

Tamén destacou o seu valor arquitectónico como exemplo de construción e enxeñaría de finais do século XIX.

Te puede interesar