SUCESO / GALICIA

Tres persoas resultan feridas en accidente de tránsito en Redondela

635646982562105573w
photo_camera Uno de los turismo en la carretera.

O sinistro ocorreu arredor das once da noite na estrada N-550, fronte ao pavillón deportivo, cando chocaron dous turismos, un BMW e un Peugeot.

Tres persoas resultaron feridas, dúas delas de gravidade, nun accidente de tránsito rexistrado onte á noite en Chapela, Redondela, ao colidiren de forma frontal dous vehículos.

O sinistro ocorreu arredor das once da noite na estrada N-550, fronte ao pavillón deportivo, cando chocaron dous turismos, un BMW e un Peugeot.

Un dos automóbiles saíu despedido e acabou batendo contra un farol, mentres que o outro quedou atravesado na vía.

Os servizos de emerxencias do 061 trasladaron tres persoas a centros médicos de Vigo, dúas deles en estado grave e outro con prognóstico reservado.

Tamén acudiron ao lugar os Bombeiros de Vigo para colaboraren nas tarefas de rescate e axentes da Policía Local de Redondela e da Garda Civil de Tráfico desprazáronse á zona para regularen a circulación e investigaren as causas do sinistro.

Te puede interesar