TRIBUNALES / GALICIA

Piden 9 anos de prisión para un acusado de violar a unha muller no baño dunha discoteca de Vigo

Alí, tras forcexar con ela, inmobilizouna, colleuna polos brazos e polo colo, e someteuna a distintos tocamentos nas súas partes íntimas, para penetrala logo vaginalmente, malia a resistencia da muller.
 

A Fiscalía pide unha condena de 9 de anos de cárcere para A.F.D.F., como presunto autor dun delito de violación e unha falta de lesións contra unha muller a atacouna no baño dunha discoteca de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos tiveron lugar na madrugada do 22 de febreiro de 2015, cando o acusado, estando nunha discoteca da cidade, e con ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais, seguiu a vítima ata o baño do local.

Alí, tras forcexar con ela, inmobilizouna, colleuna polos brazos e polo colo, e someteuna a distintos tocamentos nas súas partes íntimas, para penetrala logo vaginalmente, malia a resistencia da muller.

Por estes feitos, a vítima sufriu varias lesións nos brazos e coxas, así como en xeonllos e rexión torácica. As feridas físicas foron leves e non precisaron tratamento médico específico.

A Fiscalía pide para o acusado (que estivo varios meses en prisión por esta causa) 9 anos de cárcere, unha multa de 900 euros e que indemnice á vítima en 7.000 euros polas lesións e secuelas derivadas destes feitos.

O xuízo terá lugar o próximo martes, día 5 de abril, na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra. O caso procede do Xulgado de Instrución nº2 de Vigo.

Te puede interesar