O Portal Educativo da Xunta integra un apartado temático de linguas estranxeiras

O Portal Educativo da Xunta integra un apartado web dedicado ás linguas estranxeiras, co fin de recompilar toda a información e recursos relevantes relacionados con esta temática e mellorar as canles de comunicación coa comunidade educativa.
Esta actuación enmárcase no proxecto global de integración dos Sitios Temáticos do Portal Educativo, que incluirá novos espazos destinados á Innovación Educativa, Atención á Diversidade e Orientación, Lexislación e Educación Viaria.

O obxectivo será facilitar o acceso á información para a potención das linguas estranxeiras, a través dos apartados temáticos da propia portada.

Te puede interesar