O prezo medio dos coches de ocasión en Galicia situouse nos 11.353 euros, un ascenso do 1,4% fronte a febreiro

O prezo medio dos vehículos de ocasión en Galicia situouse en marzo nos 11.353 euros tras experimentar un ascenso do 1,4 por cento con respecto ao mes anterior

Segundo os datos do portal Coches.net, elaborados a partir dunha base de máis de 140.000 vehículos á venda. Na comparativa interanual, subiron un 10,7 por cento.

En Galicia, os compradores manteñen o interese polos vehículos de ocasión máis económicos e, en concreto, o 31 por cento da demanda concéntrase naqueles que teñen un prezo inferior a 5.000 euros.

O perfil dos coches de ocasión correspóndense cun tipo berlina (64%), con cambio manual (83,4%) e combustible diésel (75%). Os modelos máis ofertados son Volkswagen Golf (4,5%), BMW serie 3 (3,8%) e Renault Megane (3%). O coche máis demandado é tamén o Volkswagen Golf (5,5%), seguido do BMW serie 3 (4,6%) e o Audi A4 (4,2%).

Ademais, os coches de máis de 100.000 quilómetros seguen copando o mercado de segunda man. En marzo, supuxeron o 50,7 por cento do mercado. Con respecto á antigüidade, a media sitúase en 90 meses.

Te puede interesar