R levará a banda ancha a un millón de galegos ata o ano 2013

Dar acceso a redes de alta capacidade a un millón de galegos en 2013, 575.000 deles residentes en zonas rurais, é o obxectivo do Plan de banda larga da Xunta, cuxas actuacións principais desenvolve a empresa galega de telecomunicacións R.
'Queremos ser unha rexión de referencia no despregamento das redes do futuro', afirmou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta, Mar Pereira, quen presentou co conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, o balance do primeiro ano de funcionamento deste plan que, na súa conclusión, dará servizo a 70 por cento da poboación galega.

En total está previsto que 193 núcleos teñan acceso á Internet de alta capacidade, que poderían chegar até os 600 megas nos próximos anos.

Actualmente, 176.000 habitantes -74 núcleos de poboación- teñen xa acceso a redes de 100 megas.

Te puede interesar