Os secretarios xudiciais queren ter a súa reunión anual en Galicia

O presidente do Colexio Nacional de Secretarios Xudiciais, Rafael Lara Hernández, trasladou ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o seu interese por celebrar en Galicia a próxima reunión anual da institución que dirixe.
Nunha xunta na que tamén participou o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, Rueda remarcou a importancia do labor dos secretarios xudiciais, xa que 'constitúen unha garantía para os dereitos dos cidadáns' ao estar considerado os ministros da fe pública nos tribunais.

Te puede interesar