ES VIRAL

O sucesor maño de Tojeiro: "Botáronlle 'droja' no Nesquick"

Un zaragozano encontrou unha bolsa con droga dentro dun envase de Nesquick. As redes sociais respondero 'resucitando' a Tojeiro e á súa célebre frase. Mentres, a Policía Nacional investiga os feitos

José Tojeiro, autor dunha das frases pronunciadas por galegos, morreu en 2015. Porén, un suceso en Zaragoza fixo que as redes sociais 'resuciten' ao célebre persoeiro.

"Botáronme droja no Colacao", dixera Tojeiro. Casualidades da vida, un zaragozano encontrou esta semana unha bolsa de cocaína nun envase de Nesquick.

Así o recollen varios medios locales, explicando que o home comprou o produto no supermercado ignorando que se encontraba aberto, ata que se encontrou a 'sorpresa'.

O digno sucesor de José Tojeiro, en versión maña. A Policía segue investigando os feitos mentres os usuarios de Internet recordan a Tojeiro e a súa frase.

Te puede interesar