ENTREVISTA

Teresa Táboas: "Galicia precisa en Madrid unha forza política propia e non apropiada"

TABOAS 2
photo_camera Teresa Táboas, nun foro de La Región.

Segue vivindo a política con paixón e levando a Ourense no corazón: "É a terra dos meus páis, dos meus devanceiros. É o meu ADN"

Houbo quen pensou que Teresa Táboas, arquitecta, a primeira muller que chegou ao decanato do COAG e ex conselleira de Vivenda e Solo no bipartito, ía chegar moi lonxe na política. Pero marchou do BNG para enrolarse nunha nova aventura política con Beiras e logo deu un paso atrás por motivos familiares. Segue vivindo a política con paixón e levando a Ourense no corazón: "É a terra dos meus páis, dos meus devanceiros. É o meu ADN"

Cando marchou da Consellería de Vivenda e Solo díxolles aos funcionarios que a despediron entre bágoas: “Volveremos e non nun póster como Che Guevara". Que pasou?

Pois que se volverá. Non me estaba refirindo a min senón a unha xente con moita ilusión de cambiar o país. Alguén, cós mesmos folgos e a mesma ilusión, voltará e agardo que sexa moi pronto.

Logo de marchar do BNG para emprender a aventura política con Beiras e Rafa Cuiña deixou a primeira liña e non foi nas listas nin de AGE nin de Compromiso. Cansou ou necesitaba volver á arquitectura?

Foi unha mera coincidencia. Seguramente se as cuestións persoais que me xurdiron a nivel fa- miliar sucedesen un ano despois, tería continuado. Deberíamos ser políticos todos pola preocupación polo público e polo social.

Cando era deputada do BNG no 'poleiro' díxome que as veces bo- taba de menos a arquitectura. Bota agora de menos a política activa?

(O pensa) Non. Estou preocupada sobre todo pola cuestión galega. Eu son nacionalista. E quero dicilo porque últimamente parece que algunhas persoas incluso intentan agochalo. Hai que definir un nacionalismo máis vencellado ao social e ao colectivo e non tanto a cuestións do século XIX, porque cada século ten os seus contextos. Creo nun nacionalismo vencellados ás cuestións sociais do século XXI e por iso estou preocupada porque como galega, como filla de galegos, como nai de galegos e como parte desta comunidade e país chamado Galicia, estou enriba dos problemas todos os días, pero non boto de menos estar sentada no Parlamento nin esas cuestións. O país e as sociedades constrúense entretodos,nonsoamenteocupan- do cargos políticos. Agora, se pregunta se boto de menos un cargo político, dígolle que non. Eu son arquitecta.

Aquel Goberno bipartito, malia ser xente moza como Quintana, Bugallo, vostede..., deixou a primeira liña ao perder as eleccións. Tan grande foi o pau?

Creo que máis que grande o pau... Había persoas con ilusión e que traballaban convencidas de que o país podía cambiar e estábase facendo o proxecto dunha Galicia máis xusta e orgullosa do seu para que a xente non tivese que voltar a emigrar e pasou que esa ilusión tumbouse con frustración ese primeiro de marzo. Imaxino que a partir de aí o camiño que tomou o país a través da democracia, ollo, desanimou a moitas persoas. Penso que puido ser algo así.

Como ve dende fóra a situación actual?

A miña gran preocupación é Galicia. Ante este novo momento histórico que se abrirá a partir das xerais e ante este pulso do pobo catalán que lle está botando a un Gobernoquenonquereentender que hai unha plurinacionalidade neste Estado español, que é enri- quedecedora, que imos facer os galegos? Onde imos estar? Duns anos para esta parte comezamos a perder a estrutura, os alicerces do que é un país, como as caixas. Xa non temos instrumentos financiei- ros propios. Curiosamente os cata- láns e vascos mantivéronnos des- pois da reestruturación bancaria e nós non. Ante os posicionamentos das nacionalidades históricas, que imos facer? Imos ter unha forza propia e cando digo propia é propia, non apropiada no Parlamen- to español?

Cre necesario que as forzas de esquerda con sensibilidade de país vaian nunha única candi- datura ás xerais?

Precísase unha forza galega propia polos tempos e polo que se vai a debater. E cando digo propia é propia.Aímequedo.Comodio outro, fin de la cita.

Na que tamén participe o BNG...

E que o BNG é a forza nacionalista galega que existe.

Vostede, que militou no BNG, cre como din algúns que pode estar en risco de desaparición?

Dicir que o BNG está en risco de desaparición é como dicir que o está o nacionalismo galego e iso sería perigoso e preocupante. Non creo que iso sexa así, en absoluto. Dicía Castelao que os galegos somos prudentes e entusiastas ata o lirismo. Agardo que cando votemos o 2o de decembro sexamos conscientes da etapa histórica e que sexamos quen de chegar a acordos para vivir xuntos, iguais e diferentes. É o momento despois da ditadura on- de nos xogamos máis en Madrid, sin lugar a dúbidas.

Considera que Beiras é o que debe de tirar do carro?

O que ten que tirar do carro éo país é a sociedade galega para ter un grupo propio cando se debatan os temas complexos e profundos do modelo territorial que nos afectan e moito. Temos que posicionarnos, como fixo Castela o no seu momento, para defender o noso e non o digo dende un nacionalismo etno- centrista, senón estando na escala planetaria pero partindo da nosa realidade. Ninguén vai a defender as cuestións nosas en Madrid se non estamos alí.

Que lle parecen os sete anos de goberno de Feijóo?

Pero houbo goberno nestes sete anos?

Pensa que repetirá como candidato á Xunta ?

Non o sei, teño a sensación de que non, como moita xente.

No seu día tentouna Feijóo, pero díxolle si a Quintana. Houbo máis proposicións?

Houbo xente que confiou en min e o agradezo, pero nos últimos tem- postivenquedecirquenoncon tristura. As veces non podes.

Volverá Teresa Táboas a unha lista electoral?

Non o teño na cabeza.

Te puede interesar