Un total de 46 municipios galegos beneficiaranse de 17 novos servizos lingüísticos, dos que 39 compartirano

Un total de 46 municipios beneficiaranse dos 17 novos servizos lingüísticos creados a partir das axudas convocadas para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais, que reparte 520.000 euros. Deles, 39 concellos compartirano.
A estas axudas, ás que acceden 141 municipios por medio das catro modalidades establecidas, puideron concorrer todos os concellos ou agrupacións cunha poboación mínima de 3.000 habitantes.

Nelas deuse preferencia ao mantemento dos servizos lingüísticos e á súa creación compartida, coa finalidade de impulsar a súa prestación mancomunada, ou a súa inclusión ou incorporación á Rede de Dinamización Lingüística.

Así, segundo destaca a Secretaría Xeral de Política Lingüística nun comunicado, a Xunta apoia economicamente as accións dinamizadoras dun total de 'máis do cento dos que están actualmente en funcionamento e outros 17 de nova creación', dos que sete atenderán a municipios individualmente e outros 8 a agrupacións.

As axudas tamén apoian o financiamento de diferentes programas de dinamización naqueles municipios que, sen dispoñer de servizo lingüístico, levan a cabo programas e campañas de promoción do galego, 31 individualmente.

Te puede interesar