O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa interposta polos investigadores Parga Pondal despedidos

O Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa interposta por profesores investigadores Isidro Parga Pondal da USC despedidos en decembro de 2011, co fin de reclamar o amparo desta institución ante o que consideran unha 'inxusta e lamentable situación'.
Segundo sinalan nun comunicado, a denuncia está avalada por un 'amplo informe' no que se expón o trato recibido polo colectivo ao longo dos últimos meses e 'os continuos enganos aos que se viron sometidos', como a 'ruptura do compromiso de estabilización'.

Deste modo, aínda que a consecuencia máis inmediata foi que os 17 investigadores pasaron 'a engrosar a lista do paro', aseguran que o seu cesamento 'se traduciu en perdas económicas e de prestixio' para a USC, que 'se verá obrigada nun curto prazo' a renunciar a proxectos de investigación.

Te puede interesar