Os veterinarios galegos reclaman á Xunta que se declare obrigatoria a vacina antirrábica

O Colexio de Veterinarios de Galicia reclama á Xunta que se declare obrigatoria a vacina antirrábica, ao tempo que advirte do risco de entrada da enfermidade por vía marítima.


Segundo explica nun comunicado, tras o caso en xuño dun can que mordeu a catro nenos e un adulto en Toledo tras contraer o virus da rabia, a entidade colexial solicitou formalmente á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, a declaración da obrigatoriedade desta vacina.

Non obstante, afirma que non obtiveron 'resposta' por parte da Administración autonómica. Ao fío diso, recorda que Galicia, País Vasco e Cataluña son as únicas comunidades autónomas onde ten carácter voluntario.


DIA MUNDIAL DA RABIA

Coincidindo coa celebración este sábado do Día Mundial da Rabia, os presidentes dos colexios de veterinarios de Galicia acordaron solicitar a próxima semana un encontro coa conselleira para retomar a súa petición.

En concreto, recalcan a conveniencia de volver establecer a obrigatoriedade da vacina e subliña os 'riscos específicos' en Galicia pola súa condición fronteiriza con Portugal 'e, sobre todo, pola actividade dos portos exteriores', sinala en relación ás liñas marítimas procedentes de países sen control desta enfermidade.

Te puede interesar