O xuízo Mobles Hermida desvela que ten 11 millóns reservas voluntarias

O xuízo celebrado o mércores contra o expediente de regulación de emprego (ERE) de Mobles Hermida serviu para desvelar que 'a empresa conta cunhas reservas voluntarias de 11 millóns de euros que lle permitirían continuar coa súa actividade durante 10 anos sen ter que despedir ningún traballador'.
Así o afirmou nunhas declaracións o avogado de 50 dos 75 traballadores afectados polo ERE, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, quen presentou no xuízo unha proba pericial a través dun informe elaborado por un economista.

Segundo o documento, a empresa conta cunhas reservas voluntarias de 11 millóns por acumulación de beneficios, 'e non pode ser que un ano que hai balance negativo, digan que é un diñeiro que non se pode tocar porque é dos socios', despois de levar a cabo 2 ERE máis o pasado ano.

Rodríguez Feixóo entende que o informe derruba os argumentos da empresa, 'que ademais conta cun crédito de 3,5 millóns de euros e recibiu 15 millóns en subvencións nos últimos 8 anos'.

Está previsto que nun prazo de 20 días se faga pública a sentenza.

Te puede interesar