A Xunta entregará unha carpeta ás embarazadas para que eduquen en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entregará unha carpeta ás embarazadas para 'introducir o galego na comunicación cos seus fillos desde os primeiros momentos'.
'Xeración de axóuxeres', é o nome da carpeta que contén un disco musical, unha tarxeta de anotacións, un repertorio de recitados e de xogos de iniciación, unha selección de nomes en galego, un adhesivo para o coche e un babeiro, segundo informou a Xunta nun comunicado.

Para o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, trátase de que 'as novas familias de galegofalantes continúen transmitindo a súa lingua e que as castelanfalantes se animen a cantar ou xogar cos seus bebés en galego'.

Distribuiranse 10.000 exemplares das carpetas a embarazadas no terceiro trimestre de xestación e poderán solicitalas nos seus centros de saúde habituais.

Te puede interesar