O equipo enfróntase a un novo reto de preparar unha cea en 60 minutos

A visita do xogador do Deportivo Filipe Luis ‘revoluciona’ ao ‘Comando chef’

Filipe Luis, ceando cos seus convidados.
’O Comando chef’ regresa esta noite á galega. Nesta ocasión, será o futbolista Filipe Luis, do Deportivo, ao que acuda por sorpresa a cear á casa dun galego. Antes, Isabel Blanco, André Arzúa e Rafa Durán terán todo a punto para que a velada saia á perfeción. Coma sempre, disporán dunha hora para elaborar o menú e só porán empregar o que haxa nese momento na vivenda.
Xosé Ramón Gayoso, Arsenio Iglesias ou Rubén Riós xa pasaron polo ‘Comando chef’ para darlle unha sorpresa a un dos seus fans e, ao mesmo tempo, comprobar como é posible preparar unha cea nunha hora empregando, unicamente, o que teña nese momento o anfitrión ou anfitriona na despensa da casa. Nesta ocasión, o equipo do ‘Comando chef’ contará coa colaboración de Filipe Luis, o futbolista brasileiro que xoga no Real Club Deportivo da Coruña.

A comandante Isabel Blanco, o xefe de cociña André Arzúa e xefe de sala Rafa Durán serán os encargados de conseguir o permiso do anfitrión -que nada sabía da visita de Filipe Luis nin a cea sopresa- preparar un menú en 60 minutos e arranxar o salón da casa de xeito adecuado para data tal sinalada. A pesares dos contratempos e a improvisación, unha vez máis, o ‘Comando chef’ logrou o seu reto.

Tomates recheos de primeiro, seguido de arroz cremoso con costela e timbal de froitas como postre. Este foi o menú que puido degustar Filipe Luis co seu convidado. Como era de agardar, a velada foi todo un éxito a pesares de pequenos ‘contratempos’. Por exemplo, en canto os veciños se enteraron da presencia do xogador do Deportivo, foron moitos os que tentaron achegarse a el en busca dunha fotografía ou un autógrafo. Pese ao remumbio, o brasileiro non perdeu en ningún momento o sorriso.

Como é habitual, o ‘Coman do chef’ emitirase esta noite na Televisión de Galicia (TVG), a partires das 21,40 horas. Por diante, haberá media hora de sorpresas, nervios e apuros na cociña que finalizarán cunha velada entre Filipe Luis e o seu siareiro.

Patxi Salinas

Tras un novo reto conseguido, o equipo do ‘Comando chef’ prepararase xa para a seguinte aventura. O ex xogador Patxi Salinas ou Israel Pita, participante no concurso ‘Gran Hermano’ e colaborador de ‘Acompáñenos’, serán outros dos convidados ao programa.

O ‘Comando chef’ é incansable. Sempre anda á procura dalgún galego ao que sorprender cunha cea cun dos seus ídolos, cantante preferido ou humorista. Por iso, se chaman á súa porta e aparece Isabel Blanco vestida de negro, non se asuste; a súa casa será ‘invadida’ polo equipo do programa para preparar nunha hora unha cea que nada teña que envexar aos mellores restaurantes.


Te puede interesar