A Banda da Loba actuará el viernes 26 de mayo en el Ouren Sound Fest

A Banda da Loba é protagonista da edición 2023 do Ouren Sound Fest, cun show o venres 26 de maio en Benposta, e Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra prometen para la ocasión un espectáculo “enérxico e moi ecléctico, con temas para cantar, bailar e saltar, e quizais algún tamén para pararse a escoitar”. 

Formado en 2017, o grupo galego que ten editados os discos “Bailando as rúas”, “Fábrica de luz”, “Hasme oír” e “Xabón Lagarta” conta, din, con “unha sonoridade propia que pode encadrarse non pop pero que bebe de moi diferentes augas” e heteroxeneidade nas mensaxes. “Considerámonos mulleres comprometidas coa nosa cultura e a nosa lingua, así como con moi diferentes causas sociais -alegan-. Por iso, as nosas cancións falan de diversidade, de memoria histórica, de lingua, de feminismo, de liberdade”.

Como será o show que ofrecerá A banda da Loba no Ouren Sound Fest?

Enérxico e moi ecléctico, con temas para cantar, bailar e saltar, e quizais algún tamén para pararse a escoitar. Actualmente estamos inmersas na presentación do noso último traballo discográfico, “Xabón Lagarta”, así que convidaremos a todo o público asistente ao Ouren Sound ao noso particular lavadoiro, a ese espazo de insubmisión onde compartir as nosas preocupacións e os nosos desexos, onde conversar e ser nós mesmas, fóra dun sistema que, sabéndonos imprescindibles, nos nega dende a raíz. Ademais,  soarán algunhas cancións dos discos anteriores que nunca faltan nos nosos concertos.

Desde a mesma creación do grupo e a elección do seu nome e o seu logo, A banda da Loba reivindica unha muller forte. Están satisfeitas co lugar que ocupan na música ou se podería mellorar?

Cando formamos o grupo, eliximos a figura de Pepa a Loba pola súa forza e o seu carisma, porque nos sentiamos identificadas con ela no que se refire a rachar cos estereotipos e abrirnos paso nun mundo e nunha industria como a nosa. Nos sentimos moi afortunadas pola acollida que tivemos dende a primeira xira que fixemos, con “Bailando as rúas”. Dende aquel entón, e aínda que pasamos por algunhas situacións que reflicten que aínda non hai un trato igualitario dentro do sector, podemos afirmar que vemos certos avances polo menos no que se refire á presenza de mulleres nos palcos. Agardamos que, sen perder comba, continuemos camiñando cara adiante en cuestións como os cachés, os horarios dos festivais e que chegue o momento no que xa ninguén nos pregunte “cando incluímos un rapaz na banda”.

Te puede interesar