PLAYLIST

A conexión Stormseeds

Parte do grupo Stormseeds.
photo_camera Parte do grupo Stormseeds.
Co disco sucesor de “Euforia” ao virar a esquina, Stormseeds brega por un apoio institucional para o crecemento dunha música ourensá moi prolífica e con moitos adeptos

En plena xestación dun novo traballo discográfico, Stormseeds poxa polo seu lugar no panorama rock ourensán, cuns músicos que son conscientes de que habería máis oportunidade de crecer se se contase con algún tipo de apoio institucional e non xa só da xente e dos mesmos colegas. “Está claro que o público responde, os locales énchense cos concertos das bandas de casa. Se houbera apoio por parte das institucións, a escea medraría moitísimo máis”, afirma David Fernández, guitarra do grupo oriúndo de Maceda que completan Alfredo en voz, Manu en guitarra, Vaqueiro en baixo e Pedro en batería.

Empezaron a compoñer un novo disco; que poden adiantar respecto diso tanto a nivel lírico como a nivel musical?

O noso primeiro disco naceu a raíz das ideas que cada un trouxo de casa, sen saber exactamente que rumbo aca-baría levando a banda. De ahí que sexa un traballo bastante variado. Para este, todo o proceso de composición xa foi realizado como banda en si. É unha evolución natural, coñecemos os nosos puntos forte e temos as cousas máis claras. Creemos que vai ser un disco máis pesado, máis técnico, máis homoxéneo e cun fío conductor máis marcado. Líricamente tamén maduramos moito. Alfredo é o principal encargado das letras e medrou moitísimo respecto ao anterior traballo. Segue a liña de tratar temas persoais a través dun prisma que fai que todo o mundo se sinta conectado.

O voso anterior traballo, “Euforia”, foi editado antes da pandemia. O lapso de tempo transcorrido entre un e outro disco responde a cuestións artísticas, orzamentarias…?

A razón principal foi o pouco tempo que poidemos xuntarnos. Aínda que traballar en casa é fundamental, no noso caso non é ata que te xuntas no local e ves como respira todo cando relmente avanzas. Foi un proceso lento, pero preferimos tomarnos o tempo que faga falta para que todo quede como realmente nos gusta, en lugar de quedarnos co primeiro que salga.

Son oriúndos de Maceda, como viven o panorama musical ourensán do que forman parte? Por que cren que en Ourense hai tantos grupos de rock e tan pouco público?

Sempre se escoitou esa frase de “con que soamente foran aos concertos membros de outras bandas estarían as salas cheas”. Últimamente estase vendo moito eso. Naceron moitos grupos, que non soamente son amigos entre si, senón que tamén comparten músicos. Eso crea moita irmandade. O apoio entre as bandas da provincia, da igual do estilo que sexan, é a clave para que todas medren.

Te puede interesar