LA REVISTA

Contra as Cordas: "Non nos pasa pola cabeza cantar noutra lingua"

photo_camera Contra as Cordas.

Contra as Cordas é un grupo de hardcore de Ourense, formado fai 6 anos e dende entón non pararon de tocar e compoñer cancións para facerse un oco na escena local e autonómica.

Contra as Cordas é un grupo de hardcore de Ourense, formado fai 6 anos e dende entón non pararon de tocar e compoñer cancións para facerse un oco na escena local e autonómica. Teñen varias cancións de estudio e en breves lanzarán un EP titulado Invictos, gravado con Chichi (técnico de sonido, no centro da imaxe) nos estudios Mafia de Carballiño. Este sábado teremos a oportunidade de velos en directo na Sala Berlín de Ourense, onde actuarán acompañando ós vascos “Hawking Thugs” e os franceses “Lion´s Law”, que virán á cidade das Burgas a presentar o seu último traballo.

Falemos dos inicios, ¿cómo se iniciou el proxecto de Contra as Cordas?

Foi alá polo 2009 cando nos xuntamos os cinco coa intención de tocar para pasalo ben e expresar as nosas inquietudes a través da música. Viñamos todos doutras bandas xa desaparecidas,  cas cales xa compartiramos táboas algunha vez, polo que aínda que pouca, xa tiñamos algo de experiencia. Realmente comezamos máis como unha banda de punk-oi! Pero pouco a pouco fomos achegándonos máis ao hardcore e a estilos máis “pesados” ata chegar ao que é hoxe en día CAC.

Facedes música de estilo hardcore ou incluso metal con letras en galego, algo que non abunda demasiado en Galiza ¿credes que aos grupos lles custa cantar en galego?

Máis ben non queren, xa sexa por ideas, por medo a non “triunfar” ou a non ser entendidos máis aló de Galiza, alá eles.  Aínda así hai moitas bandas moi boas e moi coñecidas cantando en galego que son todo un exemplo, tanto no noso estilo como noutros. Nós témolo moi claro e nin se nos pasa pola cabeza cantar noutra lingua que non sexa a nosa, quitando algunha versión claro.

Tedes temas soltos gravados, o último (“Bágoas de ferro”) con moi boa calidade, achegándose máis ao voso son en directo. ¿Tedes pensado sacar algún EP ou LP en breves?

Pois si, de feito “bágoas de ferro” é un adianto dun EP que sairá en breve co nome de “Invictos” e un total de cinco temas incluíndo este. Foi gravado durante este Nadal e a verdade é que estamos moi contentos co resultado. Sacaremos algunhas copias físicas xunto a algo de 'merch', pero basicamente difundirase a través da rede.

 Agora chega o concerto do sábado con Lion´s Law e Hawking Thugs, ¿Qué supón para vos tocar con estas bandas?

Pois ao vir moi boas bandas de fora, unha de París moi coñecida a nivel internacional e outra de Pais Vsco. Con bastante tirón tamén  virá bastante xente de outras cidades, e se lle sumas o bo son da sala é unha boa  ocasión para demostrar o que sabes facer e darte a coñecer. Tamén ten a vantaxe de que ao ser  na casa sabes que vai estar a túa xente de sempre que é para quen máis presta tocar, xa que nunca falla.

¿Xa tedes novas datas de concertos?

O seguinte será o venres 27 na Coruña no Rebellion Tour con Bandas como “Madball” ou “ROTNS”, despois dese temos algún mais xa pechado que aínda non se pode anunciar e intención de facer bastantes máis.

 ¿Onde podemos encontrar a Contra as cordas na red?

Pois na nosa páxina de Facebook, buscando Contra as Cordas, e en canto teñamos o novo EP, poderédelo escoitar no noso perfil de Bandcamp.

Te puede interesar